sábado, 31 de xaneiro de 2009

O CAMIÑO DO REI

Esta entrada tivo a súa orixe nun correo mandado por unha antiga alumna: Karina. Grazas por manterme ben informado.
O Camiño do Rey é unha senda aérea construída nas paredes do Desfiladeiro dos Gaitanes en El Chorro, (Álora-Málaga). É un camiño pegado ao citado desfiladeiro cunha lonxitude de 3 km. e cunha anchura de 1 m. Este camiño está colgado nas paredes verticais do desfiladeiro e a unha distancia media de 100 m. sobre o río.
Este sendeiro construíuse porque Hidroeléctrica do Chorro, propietaria do Salto do Gaitanejo e do Salto do Chorro, necesitaba un acceso entre ambos os dous " saltos de auga" para facilitar tanto o paso dos operarios de mantemento como o transporte de materiais e a súa vixilancia.
As obras iniciáronse en 1901 e concluíron en 1905. O camiño comezaba xunto ás vías do tren de Renfe e percorría o Desfiladeiro dos Gaitanes, comunicando e facilitando o paso entre ambos os dous lados. Para inaugurar esta grande obra, en 1921, o rei Alfonso XIII desprazouse ata o lugar na presa do Conde do Guadalhorce cruzando para iso o camiño previamente construído. Foi a partir deste momento cando as xentes comezaron a denominar a aquel camiño como “Caminito del Rey”.
Co paso do tempo e como consecuencia do abandono e a falta de mantemento levou a esta importante e singular obra a deteriorarse de tal maneira que se fai case impracticable.
Precisamente foi a súa perigosidade unha dos factores que contribuiría á súa fama, numerosos excursionistas dirixíanse a El Chorro motivados por percorrer o Caminito. Isto propiciou numerosos accidentes (algúns mortais) ao longo dos anos e acrecentou a súa lenda negra.
No ano 1999 e 2000, producíronse varios accidentes mortais que custaron a vida a catro excursionistas, polo que ía, para evitar máis desgracias decidiu pechar os accesos ao camiño, demolendo a súa sección inicial co fin de evitar o paso dos visitantes. Actualmente está decretada a imposición dunha multa de 6.000 € ao que circule polo Caminito del Rey.
En 2007 estanse a realizar os estudios previos e proxectos necesarios (por parte do Ministerio de Fomento) para a súa completa restauración.
Este voladizo é perfectamente visible dende a vía férrea e todo aquel que o contempla sae admirado da súa arriscada construción e dos pintorescos paisaxes que dende alí se enxergan. Dende a estrada que une Álora con El Chorro, e á entrada do desfiladeiro, se pode ver un pequeno e pintoresco ponte que une a pasarela que discorre por ambas as dúas paredes. Pica na FOTO e verás que alucine. Non apto para aqueles que teñan vertixe (vértigo).

xoves, 15 de xaneiro de 2009

A AMIZADE NO MUNDO - Matt Harding

Que están facendo estos humanos? Bailando. Moitos seres humanos na Terra exhiben periodos de felicidade, e un dos métodos de demostrala é bailando. A felicidade e o baile trascenden as fronteiras políticas e ocurren prácticamente en todas as sociedades. Matt Harding viaxou a través de moitas nacións na Terra, comezou a bailar e filmou o resultado. O vídeo é quizá un exemplo drámatico de que os seres humanos de todo o planeta sinten un vínculo común como parte da súa especie. A felicidade é contaxiosa con frecuencia- poucas persoas son capaces de ver o vídeo anterior sen sorrir. Boíiiiiiiiiiiiiiiiiii....simo!

domingo, 11 de xaneiro de 2009

MANEIRAS DE TRABALLAR NA AULA CON NENOS/AS DIFERENTES

A intervención educativa nunca debe estar pechada a un modelo de organización determinado, senón que debe ter unha actitude aberta, crítica e de revisión do propio modelo, e de cooperación, realizando modificacións cando se considere necesario. Algunhas propostas de traballo na aula poden ser:
 GRUPOS FLEXIBLES: este modelo contempla diversos agrupamentos, xa sexa a nivel do propio grupo-clase ou entre os grupos dun mesmo nivel ou ciclo.
- O traballo individual: é a forma máis axeitada, e ás veces a única, de ensinar a algúns alumnos determinadas habilidades. Permite adaptar a intervención ás necesidades concretas do alumno na tarefa, ofrecéndolle axudas específicas segundo as dificultades, e o axuste real aos diferentes ritmos de aprendizaxe. - Traballo por parellas. - O pequeno grupo: promove o traballo cooperativo e a socialización. - O gran grupo: facilita información a moitos alumnos nun período curto de tempo. RECANTOS DE ACTIVIDADE E TALLERES:
- RECANTOS DE ACTIVIDADE: é un modo de organizar a aula, facilita a atención educativa aos a.c.n.e.e. nos primeiros niveis do ensino, pois posibilita unha atención individualizada e a intervención do profesorado de apoio na aula ordinaria.
- Recanto de xogo simbólico. - Recanto de experiencias. - Recanto de biblioteca. - Recanto de plástica e manualidades. Etc. - TALLERES: é o xeito de organizar ambientes escolares de forma que en cada espazo se realicen unhas actividades concretas. Talleres: - De prensa, de teatro, de reciclaxe, de plástica, de informática, do barro, etc.
Estas propostas son relevantes pois cambian a concepción de que en todo momento, todos os alumnos fagan o mesmo e ao mesmo tempo.
MONITORIZACIÓN - ENSINO TUTORADA.
A monitorización ou ensino tutorada consiste no aproveitamento da acción beneficiosa que outros alumnos poden exercer sobre a aprendizaxe de a.c.n.e.e. É en momentos puntuais do proceso educativo.
Neste traballo por parellas, un alumno recibe información próxima ao seu nivel de desenvolvemento real por un alumno que acaba de superar esa mesma necesidade educativa; ofrecéndolle estratexias e apoios que a el lle resultaron válidos.
 TRABALLO POR PROXECTOS.
Traballar por proxectos supón un xeito diferente de estruturar as actividades de ensino-aprendizaxe "ao redor dun problema" que se presenta, achegando ao alumno grande información que se atopa no ámbito, de maneira que os alumnos se converterán en protagonistas da súa propia aprendizaxe.
Un proxecto xorde da vida cotiá, da necesidade, da curiosidade, etc., dura o que os intereses ou a motivación dos alumnos dure. Un proxecto é un método de traballo na aula que nos permite contemplar os principios de globalización, socialización, individualización, ...
 MODELO BIPEDAGÓXICO E COOPERATIVO.
Dous profesores na aula facilitando o proceso de ensino-aprendizaxe. Colaboración entre diferentes profesionais que traballan con ese alumno.