O autismo é un trastorno profundo do desenvolvemento que se caracteriza pola presenza de graves alteracións da comunicación e da imaxinación, das relacións interpersoais, e da conduta. É unha síndrome de disfunción neurolóxica, non é unha enfermidade.
Os nenos afectados por este trastorno mostran unha alteración no seu desenvolvemento antes dos 3 anos de vida ao presentar condutas simples, repetitivas ou obsesivas e demostrar desinterese aparente por cara a outras persoas. Teñen dificultade ou incapacidade expresiva na linguaxe oral e na súa comprensión. Ás veces dá a sensación de que non oen. A simbolización é outro dos aspectos que se mostra deficitario.
Con frecuencia o autismo aparece asociado ao atraso mental. A prevalencia do autismo é de 2 a 5 casos por cada 10.000 nacementos e a frecuencia: 3-4 nenos - 1 nena. (APA)
As características máis frecuentes son:
- Enormes dificultades para as relacciones interpersoais.
- Comunicación moi deficitaria (verbal e non verbal).
- Notorios déficits no desenvolvemento do xogo e da imaxinación.
- Autonomía persoal moi escasa.
- Graves trastornos da conduta.










