Amosando publicacións coa etiqueta CEE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CEE. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de xuño de 2012

O SALADINO CORTIZO

A miña primeira vez nun centro de educación especial, e iso que son especialista en PT. Nunca tivera a oportunidade. Esta foi a toma de contacto directo con CEE SALADINO CORTIZO. Colexio de Educación Especial SALADINO CORTIZO é o único centro público de educación especial da cidade de Vigo.
Escolariza a alumnos con necesidades educativas espaciais da nosa cidade e zonas limítrofes. Así, tamén temos alumnos de Mos, Redondela, Porriño, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e da comarca do Morrazo: Domaio, Moaña e Cangas.
Un centro con un ambiente diferente, pero respírase unha atmosfera chea traballo e de ilusión. Algúns dos meus antiguos alumnos/as están a traballar por unha educación mellor (Grazas Sofia por perder un pouco o tempo mostrándome o centro, outros compañeiros aos que saudei, Ainhoa, Xoan Carlos, Mercedes, Sonia, Heidy, Raquel, Yolanda, ... Quen non no ía dicir fai 10 ou 12 anos.
Enhoraboa a todos/as polo traballo que facedes.