Amosando publicacións coa etiqueta GALEGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GALEGO. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de maio de 2012

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Unha muller, con traza de labrega, sube ó autobús canda a súa filla adolescente. Logo de pagar, a rapaza diríxese a ela –coma sempre, obviamente–, en galego. A muller ponse rubísima de vergoña e, en voz ben alta, pra que todos a sintamos, xirándose ora cara á súa filla, ora cara á nós, os pasaxeiros do autobús, rífaa: “¡Ha! ¿Y tú por qué me hablas ahora en gallego? Porque en la casa hablamos siempre, siempre en castellano…”