Amosando publicacións coa etiqueta VIGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIGO. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de febreiro de 2017

MANUEL CASTRO

A estatua de Manuel Castro, recordado vendedor de xornais vigués, á entrada da rúa Príncipe. Os visitantes que chegan a Vigo, ao ver a de Manuel Castro, detéñense a contemplala e a sacar unha foto.  
Quizá poucos reparen no que significa a estatua, erigida na rúa máis transitada dunha cidade de tan gran tradición xornalística. Vigo ten o honor de dar nome ao xornal decano da prensa española, e de ser sé, ao longo destes 160 anos de vida do FARO, de centenares de publicacións e de moitos xornais: A Oliva, O Miño, A Concordia, O Independente, Galicia, O Pobo Galego... nos que deixaron a súa pegada profesionais e escritores de amplísimo recoñecemento rexional e renombre nacional. De aí o acerto da estatua de Castro, que é unha homenaxe á prensa, pero sobre todo aos vendedores de xornais, un oficio próximo á xente.
Fai non moitos anos vendíanse en Vigo periódicos pola noite. Os máis ansiosos agardaban a chegada do FARO no antigo edificio da rúa Colón. Outros esperaban a chegada dos vendedores aos bares e establecementos. Un deles era Manuel Castro, que posuía unha rara habilidade. Colocaba sobre o dedo índice o lombo do diario polo bordo, e facía malabares con el, sen que se lle caese ou dobrase. Era tan famoso polas súas habilidades co xornal que en 1971, chamárono dun coñecido espazo de Televisión Española, para que mostrase a todo o país o que vían a diario os vigueses. 

sábado, 21 de xaneiro de 2017

SAMIL (VIGO)

VIGO- SAMIL (xaneiro 2017)

sábado, 5 de novembro de 2016

A PONTE DE RANDE

A ponte de Rande é unha construción civil que atravesa a ría de Vigo, unindo a Península do Morrazo no lado norte coa comarca de Vigo na beira sur. Forma parte da autoestrada do Atlántico e é un dos emblemas da Ría de Vigo e Galiza. 
As obras de construción comezaron a finais do ano 1973, coa colocación da primeira pedra o 17 de decembro, e duraron ata o ano 1977, aínda que a ponte non se abriría ao tráfico ata catro anos despois, o 7 de febreiro de 1981, debido a que as prolongacións dos accesos a terra non quedaron rematadas ata ese ano. O seu custo foi de 3.658 millóns de pesetas da época e o proxecto orixinal é dos enxeñeiros Fabrizio de Miranda, Florencio del Pozo e Alfredo Passaro. 
Actualmente soporta un tráfico de mais de 50.000 vehículos ao día. Dende a súa apertura ao tráfico en 1981 xa pasaron por ela máis de 230 millóns de vehículos. Por mor deste intenso tráfico está prevista a súa ampliación [3] cun carril mais por sentido polos lados exteriores da ponte, que serían exclusivos para o acceso aos vehículos con orixe e destino a Península do Morrazo. No mes de febreiro de 2015 comezaron as obras para facer realidade este proxecto de ampliación, cun investimento estimado de 107,9 millóns de euros.